| Drac Apocaleus de Vallirana |
| INICIO CONTACTAR MULTIMEDIA |
| ¿QUÉ OFRECEMOS ?
A “Colla del drac Apocaleus – Grallers de Vallirana” (Grupo do Dragón Apocaleus – Grallers de Vallirana), é unha entidade adicada á promoción e recuperación de espectáculos de raíz tradicional catalá axeitados ós tempos no que vivimos i exportables a todo o mundo. Así pois, ofrecemos un espectáculo que nace froito de combinar a pirotécnia, a música tradicional e o espectáculo de rúa. O noso, é un espectáculo de rúa, e como tal, é neste espacio onde transcurre a nosa acción: acompañamos procesións, espectáculos itinerantes, festas, manifestacións culturáis e todo acto no que se vos ocurra incorporar a nosa actuación. Adaptámonos sempre ás circunstancias e ó lugar no que somos contratados, sempre coa vontade de presentar un bo espectáculo. Contamos cun dragón de sete cabezas que lanza lume por cada unha delas, un grupo de persoas vestidas e caracterizadas para a ocasión e un grupo de músicos denominados “Grallers” que fan as delicias de grandes e pequenos.O dragón de sete cabezas de Vallirana, é un dragón inspirado no estilo e na estética dós dragóns tradicionais cataláns. Apocaleus é unha besta construida con fibra de vidro. Pesa 98 Kg., ten un ancho de 2 metros, unha lonxitude de 3,70 metros i en reposo ten unha altura de 2,70 metros, notablemente aumentada ata case os 4,5 metros cando está en movemento e cargado sobre as persoas que o fan tomar vida. Apocaleus ten dezaseis puntos de lume e unha acompaña musical propia denominada[El Drac de Vallirana], composición orixinal de Anna Folqué, que data do ano 2001. O grupo de música tradicional “Grallers de Vallirana” acompaña en cada actuación ó Dragón de Vallirana – Apocaleus, proporcionando a música e o baile que lle corresponde mostrar á xente. Os “Grallers de Vallirana”, é un grupo de música tradicional autóctono de Cataluña, e que por agora, está formado por catro “Grallers”, un tamboril e dous “tabals”. A “Gralla” (de eiqui o nome “Grallers”) é o instrumento de vento que se mostra na fotografía adxunta. Trátase dun instrumento que poderíamos dicir que é “curmán-irmán” do oboe por todos coñecido.É de madeira e de forma troncocónica, duns 35 centímetreos de longo, e que leva uhha cana dobre no seu extremo. Esta cana é soplada polo instrumentista, i entón produce unha vibración que se transformará en notas musicáis ó tapar e destapar os buracos que hai ó longo do tronco do instrumento. A “Gralla” é un instrumento étnico de Cataluña, tradicionalmente extendido pola provincia de Tarragona (a uns 100 Km. De Barcelona), aínda que actualmente, pódese atopar pola práctica totalidade do País Catalán. Na cultura mediterránea, coñécense moitos outros instrumentos que se asemexan no tipo de són e na forma á “gralla” catalá. Son, por exemplo, a dulzaina valenciana ou a dulzaina aragonesa e o “graile occità”, iste en Occitània. En resumo, unha boa combinación de música, pirotécnia e ambientación para conseguir un bo espectáculo
|
| faq 2000-2008 |